Zona d'usuari
0llibres
0,00 €
Recerca avançada
Títol:
MARGOT SPONER. DO GALEGO ANTIGO ÁS FRONTEIRAS DA RESISTENCIA.
Subtítol:
Autor:
ANTÓN FIGUEROA LORENZANA
Ebooks
Editorial:
LAIOVENTO
Any d'edició:
2017
ISBN:
978-84-8487-377-8
Pàgines:
128
Format:
Epublication content package
Drets sobre l'ebook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
6,70 € El seu ebook a l'instant

Sinopsi

Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Algalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era un un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte a que nunca se someteu. Neste estudio intentase reconstruír, de maneira entrecortada -os datos son irregulares-, unha vida de investigación , pero tamén de dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín, Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media. Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo pagou coa súa vida por defendelos. Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa memoria.

Altres llibres de l'autor