FONÉTICA E FONOLOXÍA HISTÓRICAS DA LINGUA GALEGA

FONÉTICA E FONOLOXÍA HISTÓRICAS DA LINGUA GALEGA

MARIÑO PAZ, RAMÓN

31,95 €
IVA inclòs
Editorial:
XERAIS DE GALICIA, EDICIONES
Any d'edició:
2017
ISBN:
978-84-9121-187-7
Pàgines:
704
Enquadernació:
Rústica
Col·lecció:
Sin colección
31,95 €
IVA inclòs

O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia de condicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. A tarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudo sempre precarias para reconstruír a secuencia de mudanzas experimentadas por un sistema lingüístico desde un pasado adoito remoto ata o presente, así como en indagar sobre as motivacións que as propiciaron.
Moitas das páxinas deste libro están dedicadas á exposición das mudanzas fonéticas e fonolóxicas que mediaron entre o latín que os romanos trouxeron á Gallaecia no século II a. C. e o galego que chegou ás portas do século XVI. É un período moi extenso cuxa exposición non podemos subdividir, porque a escaseza dos coñecementos que temos sobre o latín galaico e o protorromance galego aínda non nolo permite. O percorrido complétase coa reconstrución das mudanzas do galego medio (sécs. XVI-XVIII) e do galego contemporáneo (sécs. XIX-XXI), que vive certamente asediado por graves problemas, mais sostido por un grupo social aínda numeroso e en condicións de desempeñar todo tipo de funcións comunicativas.

Articles relacionats

  • DICCIONARIO ESENCIAL GALEGO-CASTELÁN / CASTELLANO-GALLEGO
    VOX EDITORIAL
    Diccionario que ofrece el equilibrio idóneo entre contenido y formato, con el vocabulario necesario para expresarse en gallego: léxico general, argot más extendido, tecnicismos frecuentes, etc.- Actualizado con la colaboración del Grupo de Investigación en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (Grupo TALG) de la Universidade de Vigo.- Numerosos ejemplos, fraseología e indi...
    Disponibilitat immediata

    15,95 €

  • FONÉTICA E FONOLOXÍA HISTÓRICAS DA LINGUA GALEGA
    MARIÑO PAZ, RAMÓN
    O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, ma...
    Sense estoc, consultar termini entrega

    31,95 €