Zona de usuario
0libros
0,00 €
Búsqueda avanzada
Título:
CARLOS MARX: O ETERNO REBELDE
Subtítulo:
Autor:
PAQUITA ARMAS FONSECA
Ebooks
Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
2018
ISBN:
978-84-8487-397-6
Formato:
Epublication content package
Derechos sobre el eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
7,00 € Tu ebook al instante

Sinopsis

Carlos Marx cumpre 200 anos o 5 de maio do 2018. E cúmpreos porque segue vivo, aínda que o mesmo soltase unha sonora gargallada se alguén lle predicira que dous séculos despois sería un home polémico. Amado e odiado no planeta Terra, foi segundo unha enquisa (coa marxe de erro que ten calquera) o home máis publicado no milenio e por iso é polo que se lle concede o primeiro lugar entre os homo sapiens. A súa obra cume O Capital é un dos libros máis comercializados da historia humana, malia que non creo sexa entendido por todos os que lean esa monumental obra, hoxe usada como bibliografía o mesmo en Harvard que nunha pequena escola da Patagonia. Terxiversado, levado a dogma, no propio século XIX dicía ?Todo o que sei é que eu non son marxista?. O corpo teórico desta filosofía estivo en crise desde o seu nacemento, pero nunca foi quebrantado, aínda que a súa revisión cara á esquerda ou á dereita levou a que unha boa parte dos terrícolas explorados, marxinados e ata escravizados aínda hoxe, non entendan que esa teoría sustenta a liberación de todos a partir de que se elimine a plusvalía. Dese home e a súa contorna, como un acto confeso de amor, trata o libro que o lector ten nas súas mans: Carlos Marx, o eterno rebelde.