Zona de usuario
0libros
0,00 €
Búsqueda avanzada
Título:
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS
Subtítulo:
Autor:
XOSÉ A. FERNÁNDEZ SALGADO
Ebooks
Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
2017
ISBN:
978-84-8487-365-5
Páginas:
204
Formato:
Epublication content package
Derechos sobre el eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
9,00 € Tu ebook al instante

Sinopsis

Neste libro dáse a coñecer a edición e estudo dun manuscrito inédito escrito en galego, que se encadra dentro do período da historia do galego coñecido como dos Séculos Escuros. Trátase dunha longa carta en verso de arredor de 1770, sen asinar e sen datar que contén o que titulamos Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas, o coñecido CURA DE FRUÍME. A escaseza de textos en galego do século XVIII acrecentan a valía destas Cincuenta décimas satíricas e obrigan a matizar afirmacións sobre o anecdótico uso do galego escrito nesta altura. Á vista delas, semella máis ben que neste tempo existe unha escrita en galego, ben que moitos deses textos non chegan a se imprimir. De aí a importancia da publicación deste manuscrito. Pero as Cincuenta décimas non só son importantes pola súa datación nun tempo de escasa ou nula produción escrita, senón tamén polo tamaño do texto: son 500 versos, o texto máis longo dese tempo despois das Coplas do Padre Sarmiento. E á importancia da datación e da extensión do manuscrito, aínda se lle poden engadir outros aspectos máis: non só está redactado totalmente en galego (fronte a outros textos da época que poden presentar anacos en castelán), senón que as décimas presentan calidade lingüística (emprégase un rexistro lingüístico culto; outros textos da época son textos populares, que imitan o falar do pobo) e teñen calidade literaria (trátase dun autor ?cabaleiro? culto que sabe versificar, que coñece a Arte literaria). Co fin de achegar as décimas a varios tipos de destinatarios, tanto a investigadores como a lectores medios..., o libro inclúe dúas edicións das décimas: 1) unha case paleográfica e 2) outra coas actualizacións gráficas imprescindibles e con abondosas notas que axudan na comprensión do texto. Ademais, o libro ofrece tamén capítulos á parte de comentarios e conxecturas sobre a datación e autoría do texto e un completo e rigoroso estudo lingüístico (gráfico, gramatical e léxico). A súa extensión, a súa datación, a redacción íntegra en galego, e ademais, nun rexistro lingüístico coidado, todo iso converte as Cincuenta décimas nun texto de referencia obrigada na Historia da lingua e literatura galegas.