Zona de usuario
0libros
0,00 €
Búsqueda avanzada
Título:
NACIONALISMO E IMPERIALISMO
Subtítulo:
Autor:
JAMES CONNOLLY
Ebooks
Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
2017
ISBN:
978-84-8487-384-6
Páginas:
118
Formato:
Epublication content package
Derechos sobre el eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
5,93 € Tu ebook al instante

Sinopsis

?Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dos seus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restrición algunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantes circunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. É iste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste o caso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non; máis enfáticamente. ¡NON!?. O texto que antecede forma parte dun artigo publicado por James Connolly no Worker?s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abril dese mesmo ano sublévase Irlanda -en singular, Dublín- e proclámase a República. Connolly é vicepresidente do Goberno Provisorio. Na loita que se entaboa coas tropas inglesas, cai ferido e, a seguida, preso. Coa ferida engangrenada, os militares ingleses condúceno nunhas angarellas ante o pelotón de fusilamento. Era o día 12 de maio. Nas xornadas precedentes correrá a mesma sorte toda a élite dirixente do nacionalismo radical irlandés e da sublevación popular, na que caíran 1.351 compatriotas seus. James Connolly, nado en Edinburgh de pais irlandeses emigrados, Cristian é marxista, pacifista enfrontado aos socialistas que caíran na trapela da confrontación bélica do catorce, nacionalista ?radical?, tiña daquela córenla e sete anos. Non cumpriría en vida ningún máis. Fusílano: unha maneira como calquera outra de retirarlle a voz e o voto. Ao sumo, unha maneira máis traumática ca outras. Menos humillante, en troques. Hoxe, á vista dos antecedentes, alguén diría tal vez: gañouno a pulso. Alguén: se cadra, ese mesmo alguén que hoxe cualifica de arrogante -ou mesmo provocadora? ou de antiga farsa, a actitude duns nacionalistas galegos que se negan a que lles retiren a voz e o voto por vía regramentaria, incustionábelmente incruenta, dencle logo Xosé Manuel Beiras en Por unha Galicia liberada, 1984.